Cando nas noticias soa a típica frase de “era unha persoa normal” nos sorprendemos como puido matar á súa familia ou golpear a súa parexa, que ocorre? Son dúas persoas distintas ou estamos coa familia e logo… por esa obsesión de sempre caer ben e ser o mellor compañeiro, ensinamos unha cara externa que oculta a nosa verdadeira personalidade?É un mundo aparente no que vivimos e creamos unha fantasía que non sempre é real e isto só na nosa mente.Me sorprenden e me cabrean moitas veces estas situación; é unha sociedade movida pola hipocresía coa que non consigo convivir; no traballo, cos vecinos. 
Cando miramos a unha persoa somos capaces de saber si é bo ou malo, iso pensamos porque en realidade non temos nin idea, e esa psicoloxía visual moitas veces nos engana e confunde. Facendo ese xogo cando ímos pola rúa, acostumamos á xulgar á xente pola súa forma de vestir, de comportarse: Este é macarra
e como tal ten que levar pantalóns axustados, ir de negro, levar cadeas e gustarlle a pelea e as drogas, pero que parvos somos ás veces! Aquelaoutra vai toda conxuntada e leva roupa roupa en honor ós señores “doce banana” ou “ levis” e ten un falar no que repite moito “tia” “osea” “ que fuerte”, chamámola “pija” por que a sociedade a mete nese saco,igual que fai outros caixóns mais: Góticos, frikis, punkis, chapóns, o caso é que temos que xulgar á xente senón non se estaría nesta sociedade somos raros ata para eso!
Cando vas pedir traballo esto condiciona moito, a apariencia externa é fundamental nalguns sectores, e con estas medidas deixamos de ser como somos para pasar a ser o que a sociedade quere que sexamos, e ir en contra dela supon ir contra corrente, o que conleva a que teñamos que facer un dobre esforzo para avanzar que, tralo camino andado sempre se producen sometementos a nova masa que te traga e absorve, mudando o teu modo de pensar inicial e finalmente a túa apariencia externa. Ás apariencias importan aínda que non nos gusten, pero ás apariencias tamén nos enganan… sempre!
!--[if>![endif]-->









Hoy he revisado el correo después de



