Agóchome tra-la porta
miro a través do cerrollo...
non me atrevo a sair...
¡teño medo! ¡medo del!
¡Chámame! ¡Chama por min!
Tremo no meu refuxio
escondida, agazapada tra-la porta
¡Teño medo! ¡Medo del!
Abrazo á miña nena
o meu único consolo,
consolo dunha morte segura
¡Teño medo! ¡Medo del!
Os meus nervios están alterados
abrazoa con forza...
choro, choro
lágrimas de sangue.
Agochada tra-la porta
coa nena nos meus brazos
única alegría de vivir...
mais... non teño forzas.
Cara golpeada, amoratada
alma dañada, interna dor.
Matar esa dor, quero matala!
Corto a alma errante
dunha muller nova
dunha nena vella.
Atrapada nun corpo inerte
síntese escura e sucia,
maltratada por un infante ferinte
¡Maldito infante ladrón!
Asasino de ilusión nobres
un mago de soños maltratados,
sacou da chistera un soño
que como relámpago me cegou.
Agora libre de manto estou
pero non libre de corazón.
Ela me da forzas!
Liberarme do manto agreste,
liberar a miña mente sucia
de prexucios, tabús e debilidades.
Ela me dará a forza
por ela debo abri-la porta
poder sair... buscar á salvación
pero... ¡Teño medo! ¡Medo del!


Boas noites
MARÍA, estes escritos firen a sensibilidade das boas xentes, se me topo preto de ti, podes saír, estou contigo.
Apertas.
Lamentablemente na nosa sociedade actual todavía pasa isto, aínda que traballe a muller o cal me resulta intolerable o incomprensibel, pero isto pasa, non é o caso, pero coñezo casos, claro que resolvelos dende fóra non é doado e mirarse na pel debe ser moi duro, quitarse a venda dos ollos non debe ser doado o mais cando se está namorad@ ou non querer fracasar, non o sei que alguén mo explique!
bicos e saúdos queixa, pero as boas xentes escasean, entán en perigo de extinción, abuliño!
Non estou dacordo MARÍA, o mundo ten que estar cheo de boas xentes, senón, non pagaría a pena seguír escribindo a alguén que non coñeces e sentir que pensamos parecido, que non estamos dacordo con ningunha crase de asoballamento, veña de onde veña.
Bicos
Claro que sí! as boas xentes exísten, onde? perdona o meu pesimismo, os bos fanse malos polas consecuencias, e liberarse deses prexuicios tamén é unha maneira de saír e non agocharse mais tra-la porta, deixando de xustificarse nos demais cando un é dono da súa propia vida,pero moitas veces esto non o facemos e nos vemos atrapados nun mundo do que non podemos sair e unha vez fóra é imposíbel retornar o punto de encontro,pois alí xa non se coñece a ninguén.Por iso animo á xente que mire as súas metas e as persiga, temos que ter coios no camiño, e normal! pero debemos afrontalos en persoa, esto é fóra, e non quedarse dentro e ter medo, sexan mulleres maltratadas, problemas personais etc, etc.
Biquiños.