VERDES PRADOS, PRADOS VERDES
DE CARBALLOS , PIÑEIROS E EUCALIPTOS,
HOXE ORFOS E DESPROTEXIDOS
ANTES COIDADOS COMA OURO.
VERDES PRADOS, DOURADOS PRADOS
TERRAS E MONTES DO TÍO AFONSO
EMPRESTADAS DUN FILLO A OUTRO,
CON ILUSIÓN E PROMESAS
UNHA VIDA, UNHA HISTORIA NELAS.
HOXE EN CINZA SE CONVERTERON
UNHA CHAMA MATOU ÁS ILUSIÓNS
O SANGUE NEGRO PERCORRE RÍOS,
TODO É CINZA... DESOLADORA IMAXE.
ALMA LATENTE,EN COMA SE ATOPA
¡ OSÍXENO! VIDA NECESITA
ANOS DE TRABALLO PERDIDOS!
NATURALEZA MORTA, PAISAXE MORTO.
CULPAS ALLEAS E VINGATIVAS
ACABARON COAS ILUSIÓNS E ALEGRÍAS
TIÑAN A CULPA?
VERDES PRADOS, PRADOS VERDES
HOXE NEGROS PRADOS, PRADOS NEGROS
DE LOITO ESTAMOS.
A MIÑA NEGRA ALMA
TAMÉN TEN NEGRO O CORAZÓN,
POR VER ESTA TERRA SÚA
MORRER POUCO A POUCO
SUMIDO NO ABANDONO
ESGOTANDO ÁS ILUSIÓNS.


Duro, ver ós pobos que un día foron xardíns, hoxe ermos, si por enriba o lume os asoballa,¡que dicir! estamos sendo testemuñas vivintes dos derradeiros suspiros dun mundo, que pra maioría da xente nunca deveu existir, eu que me criei nun pobo, síntoo como parte de min.
Gracias por istes escritos que xo non se atopan, é que ademis son en galego. Uhna aperta
Graciñas polo teu comentario queixa, a verdade e que estamos suxeitos a unha contrariedade pois agora parece que estamos concienciados co medio ambiente pero á vez utilizámolo como instrumento de cambio e de ganancia se se pode decir eso, muiños de vento, choupos ou como lle queiramos chamar son ecolóxicos, quero pensalo, pero están no camiño de paso de aves, entón xa non son ecolóxicos non? pq non sirven ós intereses de empresas?. Era un exemplo pero nos fan dudar, pero parece se-lo termo de ecoloxía que se traen entre mans alguns, esta claro que conxugar ambas formas é complicado e mais cando a cantidade non vai parella coa calidade, e ninguén é incorruptible, pero venderse sae caro.
Apesares de todo isto seguiremos recurrindo á natureza, pois non ensina e nos da remedios contra enfermidades que nos mesmos provovamos, e nós agradecidos destruímos montes, coma este ano en Australia ou na nosa Galiza fai non tantos.
Biquiños queixa a ver se deixamos de chorar algún día... que xa está ben!!!
Buen dia
Tes razón, MARÍA, algún día terei que deixar de chorar, porque son febles os resultados, ¡pero quédase tan ben! É non me digas que o de Australia non é pra chorar.
Bicos.
Hola queixa! o de chorar non o decía por tí senón por nos, os galegos, porque parece que sempre levamos esa retaída, esa cara de tristóns, pero que queres é o que temos non parece que fagan moito por nós, os políticos. O se Australia si que foi unha lástima e un grande catástrofe ecolóxica e sobre todo humana, e por culpa dun pirómano! as leis... bueno deixan que desexar. Ó final mais que chorar énchome de rabia e non sei que será mellor porque non teño nada que romper ó lado, ja ja!
Biquiños!