ESTE BLOG HOXE FALA GALEGO, SENTE A AUGA PERCORRER POLA SERRA DO COUREL, TERRA DE UXÍO NOVONEYRA, RECORRE OS SENDEIROS DOS SEUS MONTES, ADMIRA OS SEUS CARBALLOS E SOUTOS DE CASTAÑOS E ESCOITA O SON DO CUCO E ABRE Á PORTA Á PRIMAVERA.

<!-- @page { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -->

Un paxariño póusase na miña ventá, mira de reollo a dentro. Intento acercarme, mais... presentindo algo levanta de novo o voo.

Hoxe levanteime cedo, tiña que ir cara á de Pedro e da-lo meu paseo da mañá. O arrecendo do café chegaba ata o piso de arriba, embriagado, camiño dereito cara á cociña – ese café de Sara é ben bó!, pensei-

  • Que ben cheira este café Sara, fa-lo de maravilla!

  • Moitas gracias, Don Uxío! O certo é que é un café deses que chamo de calcetín, xa sabe... pouco hai que facer!

  • Pero daslle un cariño único, que fai que me saiba diferente.

  • Hoxe ergueuse moi cedo, non durmiu ben de noite? Pensa ir camiñar?

  • O son dun pequeño paxaro espertoume esta mañá e non fun quen de seguir durmindo, ademais hoxe quedei con Pedro para comer e falar das nosas cousas, asi que non me esperes para comer.

  • Moi ben señor, recollerei un pouco e se lle parece ben marcho facer un recado á casa, volverei pola tarde por se precisa algo.

  • Non te preocupes hoxe conto chegar tarde, xa sabes que as comidas co Pedro dan para moito e veño bastante canso.

  • Dacordo, mais se non lle parece mal vou deixarlle unha pota de caldo por si lle entra a fame cando volva. Unha taciña de caldo sempre ven ben, sobre todo para esas comidas que se gastan vostedes dous. Xa marcha?

  • Non vou escribir unhas cartas antes e logo xa marcho.

  • Saúde a Pedro, señor Novoneyra, hai moito tempo que non o vexo, sempre nese recuncho el só, non sei como aguanta!

Ó sair un aire fresco e doce invadiume e sentín como se me atravesase, notábase que estaba a muda-lo tempo. Este frío de inverno ía acabar con nos, e incomunicados a maioría das veces estaba a dar ós primeiros síntomas da primavera tan ven chegada e tan desexada!

O paxaro da miña ventá descubrino nunha ponla do meu carballo favorito, aquel que lle dedico horas e horas á lectura baixo a súa sombra. Él, mirando para tódolos lados, parecía como se me estivese perseguindo e ó mirar para él facíase o despistado, como se non fora cousa del.

  • Ven conmigo, anda! Xa estás descuberto.

Comezo a camiñar polo sendeiro que me leva a casa de Pedro, atraveso carballos, soutos floridos que en outono están cheos de castañas, regatos... O meu compañeiro de viaxe me vai seguindo de ponla en ponla, vai avanzando como mostrándome o camiño, co seu alegre cantar- canta cuco canta!-.

Pedro vivía preto dos soutos, agora cheos dunha alfombra de follas secas, mudaban a súa cor en primavera. O seu cheiro era embriagador e disfrutaba paseando cada mañá preto deles, xusto cando ó día estaba a espertar e o orballo presente nas súas ponlas, comezaba a desaparecer coa luz do día. O misterio deses castiñeiros me atrapaba cada vez que pasaba por eles. Todavía recordo ese castiñeiro onde me gustaba agocharme de pequeñoou cando nos xogos con Pedro e con outros amigos da aldea, hoxe mais baleira ca antes. Imaxinaba que era unha ponte cara outro lado, outra terra quizá. Imaxinaba que estaba co Rei Arturo e os cabaleiros da táboa redonda ou que era un cabaleiro perseguino o Santo Grial, e collía un pau axitándoo como se fose unha espada e Pedro me imitaba e loitabamos todos polo tesouro.

Dende que Pedro volvera das américas non era o mesmo. Atendía o souto das castañas, pero a maioría do tempo estaba recluído na súa casa, asi que as nosas reunións despois de moito tempo eran o único esparcemento que él tiña. Falabamos de cando fun estudiar a Lugo, alí coñecín a Manuel María e a María Mariño, cando estaba no bacharelato, logo trala marcha á Madrid para estudar Filosofía e Letras no 1948 perderamo-lo contacto os dous.

O son da auga dun pequeño regato me abstrae dos meus pensamentos e me volve á realidade. A auga bate con forza, todo o manto branco do inverno comeza a desaparecer e os ríos baixan cargados de auga e con forza. Os vellos carballos recuperan na primavera o seu verdor e esplendor que os fan grandes e orgullosos.

Comezo a divisar unhas casas preto da casa do meu amigo, todas ellas cun teito de pizarra e corpo de pedra, propias da zona. O cuco me sigue, non da mostras de cansazo nin de querer cambiar de dirección. Poucos veciños quedan na aldea, moitas das casas estan baleiras e abandonadas. Todos partiron cara México, A Coruña ou Madrid.

Pedro me espera no porche da súa casa, cunha xarra de viño e dúas cuncas.

  • Que tal o paseo Uxío?

  • Fantástico! Sempre é bó lembrar os vellos tempos de novos, cando xogabamos nestes campos e sobor de todo, nos soutos. Nótase que todo comeza a renacer de novo, fixen un novo compañeiro de viaxe, te fixas?

  • O que! Onde?

  • Mírao! Está alí, pousado naquela ponla.

  • Ah! O cuco! Xa o sabía, anuncioume a túa chegada, por que crees que teño o viño listo?

  • Veña home! Non sexas trangalleiro! Jeje!

  • Un viño? Jeje!

  • Veña! Un viño para este camiñante.

Falamos do seu traballo en México, dos amigos que fixo alí, dos soños de volver de novo Galicia, que nunca puido conseguir. Eu faleille da xente que cheguei a coñecer en Santiago, cidade na que fixen o servicio militar e mais tarde fíxose a miña cidade de residencia. Tomei contacto – lle dixen- con Maside, Piñeiro, Otero Pedrayo ou Méndez Ferrín grandes amigos cos que tomei contacto no café español.

Trala comida co meu amigo da infancia, da sobremesa e do postre con castañas doces e de pornos ó día das nosas cousas, comezo o camiño de volta e o meu pequeño compañeiro ó meu carón de novo.

Con ese paseo tan logo e unha comida boa, tiña, a pesares de decirlle a Sara que non fixese nada, unha pota de caldo na cociña de ferro.

  • Esta muller... é unha maravilla! Un bó caldo de Sara nunca se desperdicia!

Tralo caldo dirixinme ó meu rincón favorito... o meu estudio, a miña biblioteca e o meu lugar de traballo. Xa podía comezar a escribir un verso novo onde esta vez o protagonista sería o meu novo compañeiro... o cuco. O paisaxe non podía ser outro que a miña terra... a do Courel.

Este poema escribino xa fai moito tempo, mais o lembro como se fose aínda hoxe, cando me recluín ata 1962 nas terras do Courel, dende que en 1953 me diagnosticasen pleuresía. Agora recordo aqueles tempos nas terras de Parada onde nacín e en Santiago onde dende 1983 me afinquei definitivamente ata que en 1999 o meu espíritu decidiu voar só de novo polas terras nas que nacín e percorrín de novo e vello, e a onde... xa chegada á cumbre da montaña percorro de novo co meu amigo Pedro e Sara para recordar vellos tempos e volver renacer como cada primavera.

 

Fincado na anta
da fiestra aberta á alba,
vía voar as anduriñas…
Ceibes, fóronse os ollos á serra,
nunha vella porfía
que non sei porque teima.
¡Frores de Maio,
nevando dos mazairos…
para que eu quede aínda máis quedo
que ollándoas no alto!
Canta o cuco, cala e canta
nos castiñeiros do val.
Pasa o tempo dunha ollada…
e torna o cuco a cantar. Uxío Novoneyra


MAIO